ONDE DURMEN AS GAIVOTAS
REPARTO_ Lidia Veiga (Amelia), Yago Durán (voz de Control)
DIRECCIÓN, GUIÓN, DESEÑO DE SON E BSO_ Dani Cornes
PRODUCIÓN_ Né Ogando
MONTAXE E DIRECCIÓN DE ARTE_ Ariadna Cordal
DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA_ Adán Cordeiro
Curtametraxe · 2020 · 12 min · España · Ciencia ficción / Drama
PREMIOS E NOMINACIÓNS_
Premio do Xurado – Desafío Audiovisual Illas Cíes 2020.
Premio Deleite – Novas Camadas no Festival de Cans 2020.
Premio AISGE á Mellor Interpretación Feminina no OUFF 2020.
Mención Especial AGAG ao Mellor Guión Galego no Curtocircuíto 2020.
Selección oficial en FIC Bueu 2020, Vía XIV Verín 2020, Curtas do Imaxinario 2020, OUFF 2020.
Nun futuro afectado polo quecemento global, a bióloga Amelia chega a un arquipélago nunha misión de recoñecemento. Completamente soa, o seu único acompañante é a voz de Control no seu oído. Ao principio todo parece ir ben, pero o tempo pasa, a tensión aumenta e comezan as discusións.