ROMERÍA

Carla Simón (2025)

REPARTO_ Llúcia Garcia, Mitch Martín, Tristán Ulloa, Celine Tyll, Miryam Gallego, Janet Novás, José Ángel Egido, Sara Casasnovas, Alberto Gracia, Marina Troncoso

DIRECCIÓN_ Carla Simón

GUIÓN_ Carla Simón

PRODUCIÓN_ María Zamora, Àngels Masclans, Olimpia Pont Cháfer

DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA_ Hélène Louvart

MONTAXE_ Sergio Jiménez & Ana Pfaff

MÚSICA (BSO)_ Ernest Pipó

SON_ Eva Valiño & Alejandro Castillo

PAÍS / ANO_ España / Alemaña · 2025

DURACIÓN_ 115 min

IDIOMAS_ Español, Catalán, Galego, Francés

XÉNERO_ Drama, Coming-of-Age / Memoria familiar

ESTREA_ Festival de Cannes 2025 · Estrea en España: 5 setembro 2025

Marina viaxa a Vigo para coñecer a familia do seu pai biolóxico, que morreu de sida, igual ca súa nai, cando ela era moi pequena. A través dos encontros cos seus tíos, tías e avós, a moza intenta reconstruír un relato dos seus pais, pero todos senten demasiada vergoña polos conflitos de drogas da parella, algo que Marina lles lembra coa súa presenza. Será a historia de amor adolescente que vive co seu primo o que lle permita reimaxinar os seus pais e conectar con eles. Deste xeito, inventa un conto, grazas ao diario da súa nai, que a libera do estigma que a súa familia sente por eles e cumpre o desexo de entender o pasado… Película sobre a memoria familiar que pecha a triloxía da súa directora, composta por ‘Verán 1993’ e ‘Alcarràs’.

← VOLVER