ÁGATA, a veciña espía
DIRECTORA_ Karla Von Bengtson
GUIÓN_ Karla Von Bengtson
PERSONAXE_ Ágata
Longametraxe de animación· Dinamarca / Letonia / Estonia · 2017 · 77 min
Agatha Christine é unha nena de 10 anos independente e decidida, cuxa paixón son os misterios. Xunto á súa odiosa irmá maior e a súa nai, múdanse a unha nova casa onde creará a súa propia axencia de detectives privados.
Para comezar co negocio, terá que buscar novos clientes polo barrio que precisen dos seus servizos. Nesta procura coñecerá ao seu veciño, un mozo amante do skateboard que lle fará saltar as alarmas. Que agochará? Que intencións o levarán a cometer un delito?
Coa axuda do seu amigo lagarto, Agatha resolverá o misterio e aprenderá que non hai que fiarse das primeiras impresións e que é importante valorar a amizade. Un crebacabezas moito máis complicado do que esperaba…