prodixiosa: as aventuras de ladybug
DIRECCIÓN_ Thomas Astruc
GUIÓN_ Thomas Astruc, Sébastien Thibaudeau, Matthieu Choquet
ANIMACIÓN_ SAMG Animation, Method Animation
PERSONAXE_ Marinette / Ladybug
DURACIÓN_ 20–22 min. por episodio
TIPO_ Serie de animación
ANO_ 2015–presente
Marinette Dupain-Cheng é unha adolescente aparentemente normal que vive en París, pero agocha un segredo: grazas a uns misteriosos obxectos máxicos chamados miraculous, transfórmase en Ladybug, unha superheroína encargada de protexer a cidade. Xunto a Cat Noir, o seu inseparable compañeiro, deberá enfrontarse a viláns creados por Hawk Moth, que utiliza as emocións negativas das persoas para converterlas en ameazas. Mentres loitan contra o mal, ambos heroes manteñen en segredo as súas identidades, sen saber que na súa vida cotiá están moito máis preto do que imaxinan.