Pipo
IDEA ORIXINAL_ Andrés Mahía
DIRECCIÓN_ Laura Mahía
GUIÓN_ Andrés Mahía
SON E MÚSICAS ORIXINAIS_ Santi Jul e Iván Laxe
DIRECCIÓN DE ARTE_ Laura Mahía
ANIMACIÓN E RIGGING_ Lucía Rodríguez
VOCES_ Lidia Veiga, Oswaldo Digón, Lucía Veiga
PRODUCIÓN_ Laura Pazienza Signo
PRODUCIÓN EXECUTIVA_ Álvaro Pérez Becerra, Andrés Mahía
ASESORÍA PEDAGÓXICA_ Patricia Castrillón
PRODUCIÓN ADICIONAL_ Elisa Martínez, Laura Canto, Laura Sixto, Miguel Vázquez, Pablo Goirigolzarri
PLATAFORMA_ Ver no Xabarín (Xabarin.gal) — contido infantil en galego
ANO_ 2025
Serie de animación infantil · Galicia (España) · 2025
Berta é unha rapaza de seis anos que vive coa súa nai e co seu irmán pequeno, un cativo de ano e medio que aínda non anda nin fala e ao que chama sempre Mocos.
O primeiro día do novo curso escolar, Berta descubre no patio traseiro a Pipo, un extraterrestre que caeu do ceo. Berta decide acollelo no seu cuarto sen saber que Pipo é bastante diferente a ela: ruidoso, desordenado… E cun apetito desbocado que fai que coma practicamente calquera cousa. Pero ademais de moita fame, Pipo ten, tamén, outros moitos secretos.
Pipo intégrase na familia e vai descubrindo con sorpresa e curiosidade todos os hábitos dos humanos: desde lavar os dentes ata pelar as laranxas. O mundo cotiá de Berta convértese así no escenario dunha aventura permanente: que fará hoxe Pipo?