A CINCENTA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

CONCERTO DE REIS
DIRECCIÓN_ Baldur Brönnimann

DRAMATURXIA_ Lorena Conde

ACTRICES_ Lidia Veiga, Belén Constenla

MÚSICA_ Sergei Prokófiev: A cincenta (selección)

5 e 6 de XANEIRO 2026_ Auditorio de Galicia

De neno prodixio do piano, Prokófiev converteuse nun dos grandes compositores de Europa. Casado coa soprano española Lina Codina —cuxo carisma inspirou a Coco Chanel para o seu famoso perfume núm. 5—, deixou obras brillantes como O amor das tres laranxas e Pedro e o lobo, mentres vivía aventuras propias dun filme de espionaxe, con misterios e ata un triángulo amoroso. A Cincenta estreouse en 1945 e foi unha das poucas historias cheas de felicidade dese ano tan complicado. Nesta obra máxica, Prokófiev conta en música o amor soñado entre Cincenta e o Príncipe: dende o seu encontro ata os seus retos, pasando polo momento emocionante do final feliz. Coa creativa dramaturxia de Lorena Conde, a Real Filharmonía de Galicia trae este conto popular ao escenario nun espectáculo divertido e familiar, ideal para gozar xuntos. Un plan perfecto para regalar este Nadal ou para sorprender aos máis pequenos no día de Reis.

← VOLVER