bibopalula

ainé

TEXTO E DIRECCIÓN_ Marta Lado

ELENCO_ Lidia Veiga, Cristina Andrade, Graciela Carlos, Sara Ferro, Nerea Rodríguez

VOCES_ Marita Martínez, Iria Lamas, Marta Lado, Laura Mahía

MÚSICAS_ Santi Jul, Iván Laxe

PRODUCIÓN EXECUTIVA_ Álvaro Pérez Becerra, Andrés Mahía, Xosé A. Touriñán, Javi Lopa

DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN_ Elisa Martínez

AXUDANTE DE PRODUCIÓN_ Pablo Goirigolzarri

PRODUCIÓN EN XIRA_ Miguel Vázquez, Alba Gilda, Marta García

ILUMINACIÓN_ Gonzalo Porteiro

VESTIARIO_ Martina Cambeiro

DIRECCIÓN DE ARTE_ Laura Mahía

ESCENOGRAFÍA_ Banale

FOTOGRAFÍA_ Aigi Boga

VÍDEO_ Einibó

WEB_ Pilar Mera

EQUIPO AINÉ_ Laura Canto, Icía López, Ana Mariño

AGRADECEMENTOS_ Juan Sambad, Mástil, Imprenta Vazmar, Metronoventa, Lucía Rodríguez

Ava é unha experta observadora de paxaros. Alegre, curiosa e aventureira, a súa paixón é o bosque e toda a vida que cada día podemos descubrir nel. Tamén lle encanta animar ás pequenas e pequenos espectadores a prestar moita atención sobre o que acontece entre as árbores…

A Banda do Bosque recibe de parte do Señor Moucho a misión de atopar un misterioso tesouro. Robin, Carpin, Pegui e Merli enfróntanse durante a busca a distintos atrancos, pero tamén a momentos emocionantes ao redor de todo o que ofrece a natureza no bosque, os cambios meteorolóxicos, ou o día e a noite.

Polo medio da aventura, moita música: doce cancións orixinais xa coñecidas polo público de Bibopalula, como ‘O Terremoto’, ‘As Estrelas’ ou ‘A Poza’, con coreografías, efectos especiais e unha espectacular iluminación para unha experiencia teatral inédita en Galicia pensada para nenas e nenos de 2 a 6 anos.

← VOLVER