IRIBARNE
EN ESCENA_ Mónica García, Xurxo Cortázar, Anxo Outumuro, Lidia Veiga, Jorge de Arcos e Esther F. Carrodeguas
COREOGRAFÍA E AX. DIRECCIÓN_ Sabela Domínguez
ASESORAMENTO COREOGRÁFICO TRADICIONAL_ Artur Puga
2º AXTE. DIRECCIÓN_ Antonio Castro
ESPAZO SONORO E TEMAZOS_ Berto
ESPAZO ESCÉNICO_ Xavier Castiñeira e Diego Valeiras
VESTIARIO_ Diego Valeiras
ILUMINACIÓN_ Diego Vilar – Equipo Creativo RTA
AUDIOVISUAIS_ Pablo Fontenla
EDITOR FX_ Antón Miranda
ASISTENCIA TÉCNICA_ RTA – Recursos Técnicos Artísticos
TEXTO_ Esther F. Carrodeguas
DIRECCIÓN_ Xavier Castiñeira
PRODUCIÓN_ Juancho Gianzo e Esther F. Carrodeguas
PRODUCIÓN EN XIRA_ Rubén Capelán
ENTREVISTAS_ Inma López Silva, Pablo Fontenla
COMUNICACIÓN_ Equipo Sopa, The Office e Rubén Capelán
Unha produción de ButacaZero en coprodución co Centro Dramático Nacional e a MIT de Ribadavia.
IRIBARNE é un tipo nado na mesmísima vila de Rouco Varela (si: o cardeal) durante a Monarquía de Alfonso XIII (o primeiro promotor do cine porno en España?, si-si: ese). Emigrado a Cuba con tan só un aniño — coincidindo coa inauguración da ditadura de Primo de Rivera — tras facer as Américas durante un par de anos, o noso protagonista volve triunfante para ser o fillo do alcalde (e o da francesa!). Empeza o bacharel coa entrada da II República, case-case se fai cura durante a Guerra Civil, pero decide liscar a Madrid — seguindo o rastro doutro galego ilustre — nada máis inaugurada a Era do Devandito (si, claro: O Caudillísimo). Sendo o primeiro e mellor opositor de España, quixo substituír ao Caudillo cando este morreu. Non puido ser: non ía por oposición. Tivo que conformarse co cargo de Vicerrei na súa querida Terra Galega.
IRIBARNE é unha investigación escénica sobre unha desas figuras absolutamente imprescindibles do noso pasado recente. Un intento (irreverente) por comprender como chegamos até aquí da man dun político que, nas súas propias palabras, dicía as verdades sen condón. Pero ollo: por máis que o poida parecer, isto NON é un biopic sobre Manuel Fraga. Teríanos encantado facelo… pero non collía nunha soa obra!
PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES en 9 categorías: espectáculo, dirección, texto orixinal, actriz protagonista, actor protagonista, espazo escénico, vestiario, espazo sonoro e dirección de movemento.