O PREMIO

LA QUINTANA TEATRO

DIRECTORA_ Marián Bañobre

DRAMATURXIA_ Santiago Cortegoso

ACTORES_ Victoria Teijeiro, Raquel Espada e Xurxo Cortázar. (Lidia Veiga sustitución)

CREACIÓN_ Colectiva

ESCENOGRAFÍA E VESTIARIO_ Marisa de la Iglesia

DESEÑO DE LUCES_ Javier Quintana

TÉCNICO DE LUCES_ Anxo Outumuro

VÍDEO_ Lucía Estévez

CREACIÓN SONORA_ José Luis Fraga

PRODUCIÓN_ La Quintana Teatro, Escenate e Zeena Producciones

COPRODUCIÓN_ Centro Dramático Galego e Ayuntamiento de Madrid

DISTRIBUCIÓN_ María Moral

Queres ser o gañador de «O Premio»? Queres dar a túa vida por un soño?

«O Premio» é un reality en directo no que o público vota quen merece levar o premio da súa vida: «Morrer acadando a fama. Todo por un soño».

Nun futuro non moi afastado, cando o envellecemento da poboación sexa tal que a carga das pensións somerxa o país nunha «crise ao cubo», aos dirixentes do Estado ocorréuselles unha insólita medida: crear o xogo da túa vida.

Como outros espectáculos de La Quintana Teatro, esta obra parte da investigación a pé de rúa. Nesta peza explorarase a muller cosmopolita, a muller tradicional, o home perdido e o prezo da felicidade. Con tan só tres actores sobre o escenario conseguimos crear a convicción no espectador de que viaxou 30 anos no tempo, até o ano 2050.

← VOLVER