TROMSØ
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA_ Rafa R. Martínez
DIRECCIÓN COREOGRÁFICA E DE MOVEMENTO_ Esther Latorre
ELENCO_ Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga
MÚSICA EN DIRECTO_ Julia Ammerman, Lucía Iglesias
AXUDANTE DE DIRECCIÓN_ Clara Martín
DESEÑO DE VESTIARIO_ Rafa R. Martínez, Ana Gesto
ESPAZO ESCÉNICO_ MORRAOCONTO, José Faro “Coti”
DESEÑO DE ILUMINACIÓN_ José Faro “Coti”
VOZ EN OFF_ Lidia Veiga
MÁSCARAS Rafa Rey Domech
ANIMACIÓNS, DESEÑO E IMAXE GRÁFICA_ Rafa R. Martínez
CÁMARA E CORRECCIÓN DE COR_ Román Sanín
PRODUCE_ MORRAOCONTO, Xunta de Galicia
COLABORA_ Concello de Ames, Concello de Santiago, Concello de Vimianzo, Concello de Arzúa, Deputación da Coruña, Compostela Cultura e CEMMA Cetáceos
DURACIÓN 80 minutos
Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, nalgúns casos, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.
Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura dun lugar onde tirar pola borda esa pena que se alimenta da alma e deixala afundir, dunha vez por todas, na inmensidade azul.
Nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.
TROMSØ é un proxecto multidisciplinar que hibrida teatro, danza, proxeccións, máscaras e música en directo.